lunes, 15 de noviembre de 2010

Unha mañá cos avoíños:


Esta mañá fixémoslles unha visita ós avoíños de Taboadela. Pasámolo de maravilla; cantámoslles cancións, bailamos, contamos un conto, etc. Pero para nosa sorpresa, eles tamén nos contaron un conto, cantáronnos cancións e regaláronnos ó ratiño Martiño, que foi o persoaxe principal do conto que nos contaron.
Además díronnos unha sorpresa coa que quedamos boquiabertos, LEVÁRONNOS UN MAGO!!! Fixo cousas alucinantes coas que o pasamos en grande.
Esperamos volver repetir esta esperiencia tan doce!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Ola! Coa tua visita poiden ver a miña nai no centro.Seguriño que pasaron un bo día. Bicos. Celsa