martes, 21 de septiembre de 2010

Algúns truquiños para unha boa alimentación:


1.- A túa alimentación debe ser variada:
O noso organismo necesita 40 nutrintes diferentes para manterse san. Ningún alimento os contén todos, de modo que non é convinte comer sempre o mesmo.

2.- Toma froitas e verduras:
As froitas e verduras conteñen nutrintes que che axudan a previr enfermedades, de modo que non te esquezas de incluilas nas túas comidas.

3.- A hixiene, esencial para a túa saúde:
Non toqueseos alimentos sen lavarte antes as mans. Cepilla os dentes ó menos dúas veces ó día.

4.- Bebe o suficiente:
É fundamental manter o corpo ben hidratado, xa que máis da metade do noso peso é auga. Máis ou menos deberíamos beber 5 vasos cada día de auga.


5.-Non cambies os teus hábitos alimenticios dun día pa outro:
Resultarache máis doado facelo pouco a pouco, marcándote obxectivos concretos cada día.

6.- Consume alimentos ricos en hidratos de carbono:
Polo menos a metade das calorías que consomes ó día deben ser hidratos de carbono, xa que son a base da enerxía que nos temos no corpo.


7.- Recorda que non hai alimentos bos nin malos:
Debemos evitar os excesos e asegurarnos de que a nosa alimentación é variada. Equilibrio e variedade son as claves para que a alimentación nos axude a manter una boa saúde.

No hay comentarios: