martes, 29 de mayo de 2012

Visitamos o Auditorio e Dragonenos

Hoxe marchamos moi cedo do cole para poder disfrutar dunha obra de teatro moi divertida.



Fomos todas as unitarias da zona xuntas (Taboadela, Santa Cruz, Solbeira e Ponte Noalla). ¡Gustounos moitísimo!

Logo, disfrutamos duns momentos moi divertidos entre as bolas do Dragonenos.

viernes, 25 de mayo de 2012

Fixemos unha alfombra de flores

Para poder facer unha fermosa alfombra de flores, onte levamos a cabo unha saída, onde recollemos flores de moitas cores.


¡Ademais, poidemos ver como unha abella chuchaba no polen dunha flor!


Cando xa tíñamos todo listo...despois de preparar os pétalos...



Visitamos ós avoíños para axudarller a montar a fermosa alfombra.


miércoles, 23 de mayo de 2012

¡Hoxe chegaron ó cole dous novos amigos!

¡SON DOUS GUSANOS DE SEDA!
Todos atendemos abraiados ás explicacións que nos deu a mestra.

martes, 8 de mayo de 2012

¡Feliz día da nai!

Quixemos agasallar ás nosas mamis polo seu día!!



martes, 24 de abril de 2012

Chegaron as abellas...

Hoxe pola mañá chegaron as abellas á nosa aula

Témoslle que facer a casiña...


E aquí temos o resultado!!!:

jueves, 19 de abril de 2012

Colocamos flores para prensar






¡¡Toda unha experiencia para nós!!

miércoles, 18 de abril de 2012

Época de sementar

Unha das preguntas que nos facemos istes días no cole é ... ¿qué precisan as plantas para medrar? E aquí temos a nosa resposta:


Agora, mostrarémosvos o ben que o pasamos hoxe a mañá transplantando tulipás e xacintos.










Pasamos un rato moi divertido!! e esperamos con moitas ganas que as nosas plantiñas medren!!!

¿E sabedes o que pasou?

lunes, 16 de abril de 2012

VOLVEMOS =)

Outro ano máis volvemos con moitas ganas de compartir con todos vós as nosas experiencias! Esperamos que disfrutedes tanto coma nós con elas. Un bico moi forte e grazas por seguirnos